RADIO VISTALEGRÍN
Radio Biblioteca do CEIP Plurilingüe Vista Alegre
lunes, 30 de junio de 2025
CAMBIACHE O CONTO!
Este ano o PDI do noso centro trata sobre os contos tradicionais, e leva por nome "Contos á Vista!".
Os protagonistas dos contos tradicionais: Carapuchiña, Pinocho, Os tres Porquiños,...adquiren unha nova personalidade nos contos creados polo alumnado.
Escoita os Podcast e verás a creatividade que posee o noso alumnado!
viernes, 5 de julio de 2024
DÍA DA MULLER TRABALLAORA: 8 DE MARZO 2024
A MULLER DA MIÑA VIDA É...
Con motivo da celebración do día da Muller traballadora os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º ciclo contaronnos quen é a Muller máis importante da súa vida e porque é importante para eles.
Preme na imaxe da esquerda e poderás escoitalo!
miércoles, 1 de junio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Con motivo da celebración das Letras Galegas o noso cole participou no IV concurso de Podcasts-Radio na Biblio, en colaboración coa CRTVG. Participamos en dúas modalidades, Modalidade de infantil e 1º Ciclo e na modalidade de 3º a 6º de E. Primaria.
O alumnado de Infantil e 1º Ciclo recitamos o poema: "Dez cousas do Valdeorras no Vran", e o alumnado de 3º a 6º escolleu o poema "Galicia é infinda".
Animamos ás familias a participar, no caso de Infantil e 1º ciclo elaborando un verso de simboloxía relacionada co noso pobo: o faro, o Monte Castelo, a Lonxa, o Torques, o Burela f.s... . As familias de 3º a 6º de primaria elaboraron versos relacionados coa Burela multicultural.
Preme nas imaxes para escoitalos, merece a pena!
