lunes, 30 de junio de 2025

NOVOS LOCUTORES NO VISTA!


Os nosos alumnos de 5º de E. Primaria formáronse en radio escolar para ser os novos locutores do Vista Alegre. 


Esta formación foi impartida por Damián Alonso de "Ponte nas Ondas". Xa é o 2º ano que contamos con el para a formación da radio escolar, porque ademáis de aprender moito é unha formación divertidísima!
Preme nas imaxes e escoitarás os programas que conseguimos facer.










 CONTOS Á VISTA


UN TELEXORNAL DE CONTO.


Os nenos e nenas de 5º de E. Primaria crearon un telexornal con noticias moi divertidas sobre distintos personaxes de contos.
É divertidísimo, escoita, escoita!!!



 ENTREVISTAS DE CONTO!


O alumnado máis maior encargouse de elaborar unhas entrevistas de conto!!!


Os rapaces e rapazas de 5º de E. Primaria realizaron unhas entrevistas moi interesantes...Escoitade, escoitade,...




 CAMBIACHE O CONTO!


Este ano o PDI do noso centro trata sobre os contos tradicionais, e leva por nome "Contos á Vista!".



Neste podcast realizado polos nenos e nenas do Vista Alegre démoslle unha reviravolta aos contos para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade celebrado o 3 de decembro. 

Os protagonistas dos contos tradicionais: Carapuchiña, Pinocho, Os tres Porquiños,...adquiren unha nova personalidade nos contos creados polo alumnado.

Escoita os Podcast e verás a creatividade que posee o noso alumnado!